Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vicky Vázquez: "O noso obxectivo ten que ser ser As Celtas, cos valores do club"

Vicky Vázquez: "O noso obxectivo ten que ser ser As Celtas, cos valores do club"

Vázquez estará acompañada por Mara Jiménez, a elixida como segunda adestradora

G24.gal 14/06/2024 12:25 Última actualización 14/06/2024 12:33

A adestradora do equipo feminino sénior de As Celtas, Vicky Vázquez, foi presentada esta mañá na Sede A viguesa, exfutbolista de equipos como El Olivo, co que chegou a xogar na máxima categoría, ou o Sárdoma, nos que militou tras formarse no Balaídos, xa viña sendo adestradora das categorías inferiores do propio Celta.

"Estou moi contenta e ilusionada. É un proxecto no que están detrás moitas persoas, hai moita implicación no club".

"O noso obxectivo ten que ser... ser As Celtas, cos seus sinais de identidade e cos valores do club".

Ademais, exercía de seleccionadora galega, tamén en categorías inferiores, cargou no que xa se anunciou que non continuará para poder centrarse neste novo proxecto. Vázquez estará acompañada por Mara Jiménez, a elixida como segunda adestradora. Do cadro de persoal están confirmados polo momento dous nomes: Ana Toubes, que xa pertencía ao Mos -equipo co que o Celta uniu forzas neste proxecto- e Lara Martínez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar