Veciños de Salcedo, en Pontevedra, denuncian a ocupación dunha casa na Carballeira
O dono da casa ocupada está nun xeriátrico, non ten capacidade para reclamar, nin descendencia
Os veciños piden que se tomen medidas para solucionar esta situación e recuperar a traquilidade na zona
Un home entrou pola forza hai uns quince días nesta casa do lugar da Carballeira, segundo contan os veciños.
"Eu como veciño dou testemuño de que cando veu a policía o individuo levaba dúas horas dentro, podo dicilo porque eu tiña a chave dos cadeados. Pois non hai maneira. O que ten que demostrar é a propiedade. É como se o mundo estivera ao revés", di Enrique Juncal, veciño do lugar.
O dono da casa ocupada está nun xeriátrico, non ten capacidade para reclamar, nin descendencia. Os seus veciños son os que están a denunciar a situación.
"Pola situación de impotencia que sentimos ao ver que se comete un delito e ninguén pode facer nada e a situación de inxustiza que se produce, cunha persoa que está indefensa, que non pode nin sequera denunciar"
Os veciños están moi preocupados pola inseguridade que isto xera nunha zona onde vivían moi tranquilos.
"E unha xente moi conflitiva", advirte un veciño.
"Cos berros que hai aquí non podemos durmir", engade outro.
Piden que se tomen medidas para solucionar esta situación e recuperar a traquilidade na zona.