Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varias autonomías consideran insuficientes as novas medidas anunciadas por Sánchez

Varias autonomías consideran insuficientes as novas medidas anunciadas por Sánchez

Cataluña advirte do risco de colapso do sistema sanitario

As comunidades do PSOE si ven suficientes as medidas e avogan pola prevención fronte ás restricións 

G24.gal 23/12/2021 08:15

Varios presidentes autonómicos consideran escasas as medidas anunciadas por Pedro Sánchez na Conferencia de Presidentes ante a explosión de contaxios, que onte bateron un novo récord: máis de 60.000 novos positivos nun só día, un novo máximo histórico, elevan a incidencia a 784 casos por 100.000 habitantes.

Notificáronse tamén 50 falecidos e a ocupación nas UCI achégase ao 16 %, con Cataluña á cabeza, onde superan un 30.

E de feito, o presidente catalán foi un dos máis críticos coas medidas de Sánchez por consideralas insuficientes ante o risco de colapso do sistema sanitario. 

Tamén saíu decepcionado o lehendakari. Quería medidas coordinadas e máis estritas, como o peche de actividades á unha.

En cambio, outras comunidades, Cantabria, A Rioxa, Castela-A Mancha ou Valencia si consideran suficientes as medidas de Sánchez. Avogan pola prevención fronte ás restricións.

Tamén hai comunidades que discrepan do uso da máscara en exteriores. Aragón ve a medida prescindible e tamén Madrid.

Outras comunidades do PP, como Andalucía, si consideran unha boa medida a máscara en exteriores, pero cren que chega tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade