Publicador de contidos
Publicador de contidos

Valverde encabezará o Gran Fondo Ézaro

Valverde encabezará o Gran Fondo Ézaro

Alejandro Valverde nunca venceu nesta proba

G24.gal 07/07/2023 14:54

Valverde encabeza o elenco de participantes do Gran Fondo Ézaro. Será o dorsal número un.

Oitocentos ciclistas comandados polo primeiro gañador do Gran Camiño e coa presenza do campión olímpico Samuel Sánchez.

Valverde subiu en competición polo formigón do Ézaro en varias ocasións. Nunca gañou. A última foi en 2022.

Aínda non vencer nunca, é a estrela desta edición dunha marcha cicloturista que ten o desafío de ascender o último quilómetro e seiscentos metros con desniveis do trinta por cento.

Antes cento seis quilómetros por Carnota, por Muros, por Esteiro, por Outes, por Mazaricos e por Cee. Rematará cun espectacular final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar