Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unidas Podemos acusa o PSOE de poñer excusas para non negociar a reforma da lei do só si é si

Unidas Podemos acusa o PSOE de poñer excusas para non negociar a reforma da lei do só si é si

A polémica entre os socios coincide cunha visita de eurodeputados a España

O PSOE reitera que "a comunicación é constante"

Antón Montero 20/02/2023 20:04 Última actualización 20/02/2023 20:43

Os membros da comisión de Dereitos da Muller do Parlamento Europeo reuníronse este luns coa ministra de Xustiza e este martes farano coa de Igualdade, é dicir, os dous ministerios enfrontados na reforma da lei do só si é si.

Unidas Podemos volveu lamentar que levan dez días agardando unha xuntanza co PSOE para emendar a norma coa maioría da investidura e non co PP.

Ángela Rodríguez, secretaria xeral de Igualdade, asegura: "As propostas están enriba da mesa. O Partido Socialista coñéceas ben. O único que hai que facer é sentar e falar e deixar de dar escusas nos medios de comunicación. Ninguén o entende".

Pero a dirección do PSOE delega a resposta no grupo parlamentario e asegura que a comunicación é constante. 

Pilar Alegría, voceira da executiva socialista: "O PSOE sabe perfectamente cal é a súa posición: 120 escanos".

Bastaríalle con sumar os 88 do PP: os populares non se pechan pero critican que a reforma chega tarde.

Cuca Gamarra, secretaria xeral do PP, lamenta: "Ata que non se viu o efecto nas enquisas que ten para Pedro Sánchez a baixada de penas a delincuentes sexuais non decidiu reaccionar. Pero segue sen pedir desculpas e, o que é máis grave, segue sen rectificar".

A emenda que os socialistas presentaron en solitario votarase dentro de 15 días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade