Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha vintena de concentracións en Galicia contra a proliferación de parques eólicos

Unha vintena de concentracións en Galicia contra a proliferación de parques eólicos

A coordinadora "Eólica Así Non" convocou as protestas

A Xunta segura que o Plan sectorial eólico deixa fóra o 70 % do territorio

G24.gal 11/12/2021 13:29

Neste Día Internacional das Montañas, unha vintena de localidades galegas acolleron diferentes manifestacións contra a proliferación de parques eólicos.

Convocados pola coordinadora "Eólica Así Non", os participantes amosaron o seu rexeitamento á proliferación de proxectos eólicos que se están tramitando e que supoñen, segundo eles, unha ameaza para o hábitat, as persoas, o patrimonio cultural  e o medio rural galego.

Engaden que a actual explosión da explotación eólica só beneficia as grandes corporacións eléctricas.

A conselleira de Medio Ambiente pediu esta mañá sensatez sobre este tema. Ángeles Vázquez asegurou que Galicia ten definido o seu Plan sectorial eólico, e que fóra del non se pode instalar ningún parque, o que deixa fóra o 70% do territorio. Vázquez asegura que a enerxía é necesaria e á vez é compatible co coidado do medio ambiente e da vida no rural galego.
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade