Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha réplica exacta da 'nao' Victoria pode visitarse este martes en Baiona

Unha réplica exacta da 'nao' Victoria pode visitarse este martes en Baiona

A emblemática nave en que Elcano conseguiu completar a primeira volta ao mundo evoca unha das xestas máis fascinantes da historia da humanidade

G24.gal 09/05/2023 15:00

Ver o horizonte desde a cuberta da nao Victoria, o ceo por riba dos seus mastros, pisar unhas táboas como as que trasladaron arredor do mundo os únicos 18 homes que sobreviviron nunha xesta en que os outros 213 perderon a vida. 

"Esta expedición ía comandada por Magallaes e saíron cinco naos. No traxecto perderon varias e moitos homes, e ao final só chegou a nao con Elcano ao mando de 17 mariños", narra Brenda Parra, xefa de Loxística da Fundación Nao Victoria. 

O camarote de Elcano está como era no século XVI. Os mariños durmían na cuberta. Varios meses de singradura, en condicións extremas que golpean hoxe a imaxinación dos que visitan a nao Victoria. 

O buque trasládanos a un tempo en que España e Portugal repartiran o mundo. En que Magallães inicia unha expedición que acabará coa súa vida e que Elcano completou navegando cara ao oeste.

nao visitará Ribadeo e despois subirá cara a Francia, para seguir conmemorando o quinto centenario da primeira volta ao mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade