Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha das aspirantes ao posto de David Sánchez asegura que lle dixeron que a praza era para el

Unha das aspirantes ao posto de David Sánchez asegura que lle dixeron que a praza era para el

Cristina de Frutos era unha das once aspirantes á praza de coordinador de actividades dos conservatorios de música da Deputación

Algúns dos avogados das acusacións aprecian irregularidades nos baremos de puntuación

David Sánchez, a saída da Audiencia de Badaxoz, este xoves (EFE/ Jero Morales)
G24.gal 02/06/2026 14:04

Cristina de Frutos era unha das once aspirantes á praza de coordinador de actividades dos conservatorios de música da Deputación, a praza que finalmente foi para David Sánchez. Asegurou que a poucos días da proba de selección alguén lle advertiu que non se molestase en acodir: "Dixéronme que a praza era para o irmán de Pedro Sánchez. Preguntei que Pedro Sánchez e mandáronme unha foto do presidente do Goberno".

Aínda así, De Frutos decidiu presentarse ante o tribunal, pero "unha vez cheguei alí non me prestaron atención, non parecían interesados en escoitar o meu proxecto".

A publicación do resultado fíxoa sospeitar aínda máis: "Valoraban o ben que respondera as preguntas do tribunal. Cando eu fun insistín en que me fixesen preguntas e non me fixeron ningunha".

Algúns dos avogados das acusacións aprecian irregularidades nos baremos de puntuación, como o feito de que De Frutos, que fala inglés, italiano e portugués, recibira cero puntos no apartado de idiomas. A declaración de David Sánchez está prevista para este xoves, 4 de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade