Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha borrasca está a deixar chuvieiras este domingo en Galicia

Unha borrasca está a deixar chuvieiras este domingo en Galicia

Os chuvascos suceden a unha noite de treboadas, sobre todo na comarca de Compostela

G24.gal 15/05/2022 12:36

Galicia queda este domingo baixo a influencia dunha borrasca que se intensifica ao noroeste do país conforme pasan as horas. Trae ademais ventos do suroeste que orixinan máis nebulosidade canto máis ao oeste, con chuvascos, que se xeneralizan co avance da tarde.

É o prognóstico de Meteogalicia para esta xornada. Canto ás temperaturas, as mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas sofren un descenso moderado.

Os ventos serán de compoñente sur, moderados con refachos fortes no litoral. As máximas estarán en Ourense con 33 graos, en Pontevedra alcanzan os 30 este domingo, mentres na Coruña quedarán con 24 graos de máxima.

O sábado pola noite producíronse fortes treboadas, sobre todo en Santiago e comarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade