Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un xuíz ve indicios de participación do número 3 do PSOE andaluz nun secuestro

Un xuíz ve indicios de participación do número 3 do PSOE andaluz nun secuestro

Os feitos aconteceron en febreiro en Maracena, onde Noel López foi alcalde

O xuíz pídelle ao Tribunal Superior andaluz que lle tome declaración

Antón Montero 25/05/2023 19:03 Última actualización 25/05/2023 20:20

O Xulgado de Instrución número 5 de Granada cre que hai indicios de que o secretario de Organización do PSOE andaluz puido estar implicado no secuestro da concelleira de Maracena Vanessa Romero o pasado febreiro.

Como Noel López é deputado autonómico, o xuíz granadino elevou a causa ao Tribunal Superior de Xustiza para que lle tome declaración.

A través dun comunicado, López aclarou que non está imputado. Negou calquera relación co secuestro e asegura que o único indicio contra el é a declaración do único detido polos feitos, a quen se refire como unha persoa desequilibrada.

A dirección dos socialistas andaluces di que é cedo para pronunciarse. O seu secretario xeral, Juan Espadas explicou que "non podemos dicir nada porque non coñecemos o contido do sumario. El está absolutamente igual, non tivo acceso ao sumario".

López foi alcalde de Maracena ata hai un ano, cando o sucedeu Berta Linares. O pasado 21 de febreiro, un home secuestrou á súa concelleira de Urbanismo, Vanessa Romero, que logrou liberarse e fuxir. O presunto secuestrador era o mozo da alcaldesa.

Os investigadores cren que detrás do suceso pode haber un caso de corrupción urbanística.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade