Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Un veciño de Vilaboa agarda entrar no Guinness cun crebanoces de 12 metros
A figura, iluminada, loce no xardín da casa
                            G24.gal
                        
                            05/12/2021 11:11
                        
                        
                        
                        
                    
                    Un veciño do concello pontevedrés de Vilaboa, fiel á súa cita co Nadal, busca cada ano mellorar a decoración do seu xardín para estas datas e mesmo márcase retos para impactar os seus veciños e a todos aqueles que se acheguen ata o lugar para ver o seu traballo.
A peza máis prezada é un crebanoces ao que non lle falta de nada. Mide 12 metros e conta así con entrar no Libro récord dos Guinness. A estampa completase co colorido das luces e os fogos artificiais que un ano máis non fallaron para deleite de veciños e visitantes.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        