Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un 'thriller' histórico de Tony Gratacós dálle outra volta á xesta de Magalhães-Elcano

Un 'thriller' histórico de Tony Gratacós dálle outra volta á xesta de Magalhães-Elcano

'Nadie lo sabe', de Tony Gratacós, fainos reflexionar: Elcano, heroe ou vilán?

O xerme da obra son tres interrogantes sobre Magalhães, cos que o autor topou na súa investigación documental 

Todo un fenómeno literario cunha historia factible pero ficcionada

G24.gal 11/04/2022 22:02

A expedición Magallães-Elcano que deu a primeira volta ao mundo fai 500 anos. O escritor catalán Tony Gratacós dálle unha reviravolta a esta xesta española cun thriller histórico que arranca con moitos interrogantes. Todo un fenómeno literario que nos fai reflexionar: foi Elcano un heroe ou un vilán?

Ler unha biografía sobre Magalhães foi o xerme da investigación de Tony Gratacós con motivo dos 500 anos da primeira volta ao mundo. Segundo nos conta, hai preguntas inquietantes ás que tenta dar resposta cun thriller histórico: Nadie lo sabe.

Cando Magalhães chega a Sevilla pide ser nomeado capitán xeral dunha nova expedición, pero o rei non llo concede, cuestión que intriga tamén o escritor. E hai un terceiro interrogante que acontece en Valladolid.

E se os feitos non acontecesen tal e como nolos contaron? e se hai outra cara da expedición que se mantivo agochada? Sangue, suor e bágoas nunha historia factible pero ficcionada que o lector poderá interpretar ao seu xeito coa lectura deste título porque en realidade... Nadie lo sabe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos