Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un terremoto de 7,7 sacode México nos aniversarios dos sismos de 1985 e 2017

Un terremoto de 7,7 sacode México nos aniversarios dos sismos de 1985 e 2017

Os Estados Unidos emiten unha alerta de tsunami

Sucedeu unha hora despois dun simulacro

A xente bótase ás rúas, asustada tras o tremor | FrancePress
Cristina Sánchez Reyes (EFE) 19/09/2022 20:47 Última actualización 20/09/2022 08:32

Un sismo de magnitude 7,7 sacudiu este luns o centro de México e deixou polo de agora un falecido. Ocorreu xusto o día dos aniversarios dos terremotos do 19 de setembro de 1985 e de 2017, considerados os dous máis destrutivos da historia recente no país.

Apenas minutos despois de que se realizase un simulacro para lembrar as medidas preventivas en caso dun terremoto e conmemorar os sismos deste mesmo día en 1985 e 2017, un novo movemento telúrico xerou pánico entre os habitantes da capital e de estados do occidente e centro do país.

No centro da capital, varios edificios foron desaloxados para avaliar os danos que deixou o movemento, que primeiro se reportou de magnitude 6,8, despois o Servizo Sismolóxico Nacional (SSN) deixou en 7,4 e por último a Coordinación Nacional de Protección Civil (CNPC) estimou en 7,7.

Dous falecidos en Colima

 Polo de agora as autoridades informaron de dous falecidos, na cidade de Manzanillo. Efectivos de emerxencias acordoaron edificios afectados e revisan que non teñan danos estruturais graves. En Coalcoman, no estado de Michoacán, onde foi o epicentro, só houbo danos materiais confirmados polo gobernador estatal Alfredo Ramírez Bedolla.

Segundo o SSN, o movemento rexistrouse ao redor das 13:05 hora local (18:05 GMT) con epicentro a 63 quilómetros ao sur de Coalcomán, Michoacán.

Desde entón, rexistráronse máis de 70 réplicas ata as 14:00 horas (19:00 GMT), coa maior de magnitude de 7,1, reportou a CNPC.

No centro da Cidade de México algúns inmobles foron desaloxados por risco de colapso, mentres que en Coalcomán, o hospital Integral Comunitario de Maruata quedou con danos estruturais.

En tanto, no multifamiliar de Tlalpan de Cidade de México, un dos inmobles que resultaron máis afectados, reportaron fugas de gas.

Ademais, houbo máis de 40 avisos por crise nerviosa no número de emerxencia 911 na capital.

Un simulacro feito realidade

Segundo as autoridades da capital, no simulacro ao redor de 14.000 altofalantes soaron para dar aviso do suposto movemento telúrico que apenas minutos máis tarde se fixo realidade.

Ás 12:19 horas (17:19 GMT) deste luns, o Goberno mexicano encabezou o simulacro nacional que se realiza cada ano desde o terremoto de 1985.

Millóns de civís, ademais de máis de 16.000 policías e centenas de vehículos oficiais, participaron no exercicio e evacuaron edificios, fogares, escolas e lugares de traballo para xerar conciencia neste tipo de desastres naturais.

Con todo, os da capital non esconderon o seu nerviosismo e pánico, pois aínda que sabían que se trataba dunha simulación, estes exercicios avivaron os recordos dos dous grandes terremotos que viviu o centro de México: o de 1985 hai 37 anos e o de hai cinco anos en 2017.

“Remóvenos todo, porque agora é planificado todo, pero (en 2017) foi horrible porque acababamos de pasar o simulacro e ao pouco foi que se nos presentou outro tremor”, rememorou Susana Campos, unha das cidadás que participou no simulacro no Centro histórico da capital.

Para Ingrid Valdéz, outra das participantes no simulacro, este tipo de actos son unha mellora nos protocolos que se deben seguir ao redor dun sismo e un memorial para as persoas que perderon a vida.

“Participar neles implica ter respecto e fixarnos en cales son as nosas carencias e áreas de oportunidade para desaloxar en caso, esperemos que non, dalgún evento desafortunado”, apuntou apenas minutos antes de que se volvese realidade.

E sinalou que o sentimento de temor é compartido, pois lembran os sismos de 2017 e as súas réplicas.

“É unha boa maneira de facernos conscientes de que en calquera momento poden pasar este tipo de cousas e hai que tomalo moi en serio”, considerou.

Físicos da Universidade de México calculan que a probabilidade de que se dean tres sismos no mesmo día é do 0,000751%.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade