Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un inicio en tromba do Adarve acaba co Arenteiro

Un inicio en tromba do Adarve acaba co Arenteiro

Os de Fran Justo quedaron cun futbolista menos, curiosamente, na xogada do gol a favor

G24.gal 30/04/2022 19:18

O Arenteiro perdeu 1-2 no Vicente del Bosque contra o Unión Adarve. O cadro madrileño comezou con todo sobre o céspede, en menos de 10 minutos xa gañaba 2-0 con goles de Mallorga (por penalti de Diego García) e Tellechea. 

E ao bordo do descanso chegou a xogada que sen dúbida cambiou o encontro. O colexiado sinala penalti a prol do Arenteiro por man dentro da área. Pero na protesta, Pol Bueso pisa a un defensor do Adarve diante do árbitro. Este expúlsao despois de consultalo co seu asistente e os verdes empatan o partido pero quedan con 10.

Na segunda parte o dominio foi do Adarve, que mesmo tivo un gol anulado e o resultado non sufriu cambios. Os de Fran Justo perden algo de opcións de soñar co play-off. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos