Cargando resultados...
Un fiscal investigará a implicación de Trump no asalto ao Capitolio
É a segunda vez que Trump é sometido a unha investigación deste tipo

G24.gal
18/11/2022 21:06
Última actualización 19/11/2022 08:33
O fiscal xeral de Estados Unidos, Merrick Garland, anunciou este venres a designación dun fiscal especial que investigará ao expresidente do país Donald Trump pola súa posible implicación no asalto ao Capitolio e polos documentos clasificados achados na súa residencia de Florida.
É a segunda vez que Trump é sometido a unha investigación deste tipo.
En 2017, o exdirector do FBI Robert Mueller foi nomeado fiscal especial para investigar a interferencia rusa nas eleccións do 2016.