Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un dentífrico con efecto branqueador innova no ámbito da limpeza bucal

Un dentífrico con efecto branqueador innova no ámbito da limpeza bucal

De orixe suíza e creado por un emprendedor sueco xa se atopa nalgúns salóns exclusivos

G24.gal 23/04/2023 18:34 Última actualización 23/04/2023 19:00

Efecto branqueador e con perfume. Son algunhas das propiedades dun dentífrico sueco fabricado en Suíza que innova no ámbito da hixiene bucal. Xa se pode atopar nalgúns establecementos de Viveiro e Santiago. 

Esta pasta dental converte o feito de lavar os dentes en toda unha experiencia. Trátase dun dentífrico que está testado clínica e dermatoloxicamente e que se pode adquirir en salóns de beleza exclusivos. Un deles está en Viveiro. 

Tamén ten efecto branqueador e anticarie e preséntase en sete sabores. Con todo, o máis curioso é como se creou. Xurdiu cando o seu impulsor se recuperaba dun ictus. 

Un fabricante suízo deu coa fórmula axeitada que o converte nun produto moi innovador para o coidado dos dentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos