Cargando resultados...
Un Celta pendente de novidades comeza a traballar este luns na nova temporada
Un Celta pendente de novidades comeza a traballar este luns na nova temporada
Só faltaron á primeira cita da pretemporada Kevin, Swedberg, Aidoo e Tapia
G24.gal
03/07/2022 08:20
Última actualización 03/07/2022 15:02
Fataron a cita médica Kevin, Swedberg, Aidoo e Tapia por diferentes motivos. Haberá máis probas o luns, pero para os fisios está foi unha primeira toma de contacto cos xogadores celestes.
Para a vindeira semana quedan exames cardiolóxicos máis polo miúdo, pero coñecer de preto como regresaban muscularmente os futbolistas é fundamental para ver por onde poden ir encamiñando o traballo físico.
A maioría dos convocados a estas probas chegou en perfectas condicións de revista, como era de gardar. Rematou a visita ao médico, o luns comeza oficialmente a pretemporada celeste.