Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un camioneiro marroquí queda atrapado en Mos por culpa do GPS

Un camioneiro marroquí queda atrapado en Mos por culpa do GPS

Os dispositivos electrónicos nalgúns casos non están preparados para ter en conta o tamaño dos camións

G24.gal 15/04/2022 14:10

Un camioneiro marroquí que se dirixía a Benteler Mos quedou atrapado en Petelos no camiño da Raposa cando seguía as indicacións do GPS. Ao ver o camiño estreito quixo dar a volta e acabou golpeando unha vivenda e quedando atrancado na vía.

Os veciños máis próximos chamaron ao 112 que enviou á Policía Local de Mos, os axentes conseguiron desatrancar o vehículo coa axuda dunha empresa de camións da contorna.

Os axentes acompañaron ao camioneiro ao polígono da Veigadaña que era a onde inicialmente ía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos