Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un alumno mata a tiros oito estudantes e un garda nunha escola de Belgrado

Un alumno mata a tiros oito estudantes e un garda nunha escola de Belgrado

O autor dos disparos é un rapaz de 13 anos que, supostamente, empregou dúas pistolas propiedade de seu pai e que xa foi detido

Levaba tempo preparando o ataque e mesmo tiña unha lista coas persoas que quería matar, segundo informou a policía.

G24.gal 03/05/2023 11:58 Última actualización 03/05/2023 20:26

Nove persoas morreron nunha escola de Belgrado cando un mozo de 13 anos, alumno do centro, disparou cunha pistola contra os seus compañeiros e contra o persoal docente e de seguridade.

Segundo un comunicado do Ministerio do Interior de Serbia, os mortos son oito menores e un adulto, membro do equipo de seguridade do colexio. A nota indica que seis alumnos e unha docente quedaron feridos 

O mozo levaba tempo planificando o ataque e mesmo tiña unha lista coas persoas ás que quería matar, informou a Policía serbia, que tamén dixo que tiña un esquema que el mesmo trazara da entrada á escola e as aulas máis próximas en que disparou.

Aínda que o director da Policía sinalou que non se estableceron os motivos do ataque, os medios serbios sinalan que o agresor, descrito como un alumno modelo, sacara malas notas na materia de historia.  Indican que elixiu o día hoxe para o ataque porque a primeira clase da mañá, a de historia, tiña lugar nunha aula preto da entrada do centro escolar, onde estaban a maioría das vítimas.

Ao entrar na escola, o presunto agresor disparou primeiro no vestíbulo ao garda, que morreu no acto, e logo matou dous nenos, antes de dirixirse á aula onde disparou á profesora de historia e aos alumnos que estaban na sala.

"Empezou a disparar ao azar, primeiro deulle á profesora de historia e logo seguiu disparando. Matou dous dos nosos amigos, tombeime encima deles para que pensase que estaba morta", relatou  unha compañeira do suposto autor do tiroteo. O presunto agresor chamou logo a policía desde o patio, onde foi arrestado.

Detención do pai

O presunto agresor chamou logo a policía desde o patio, onde foi arrestado. Na bolsa que portaba atopáronse catro cócteles Molotov. Ademais, o mozo practicaba co seu pai en polígonos de tiro e con esa actividade aprendera a disparar, segundo sinalou o ministro do Interior. O ministro indicou que as dúas pistolas que usou o presunto agresor tiñan licenza e que se cren eran propiedade do pai do menor, que foi tamén arrestado.

A Fiscalía Superior de Belgrado informou da detención preventiva durante 48 horas do pai do autor dos disparos por sospeita de graves delitos contra a seguridade xeral.

"O pai afirma que tiña máis dunha pistola e que as mantiña baixo chave", explicou  o ministro, quen engadiu que parece que o adolescente se fixo con dúas armas e tres cargadores con quince balas cada un.

A Fiscalía tamén indicou que pediu análises toxicolóxicas do sangue do neno que disparou. Non están aínda claros os cargos contra o neno, que aínda non fixo os 14 anos, a idade mínima de responsabilidade penal.

 

Momento da detención do suposto autor dos disparos Momento da detención do suposto autor dos disparos

O Goberno declarou tres días de loito pola traxedia na escola belgradina. Serbia é un dos países do mundo onde, proporcionalmente á poboación, hai máis armas en mans de particulares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade