Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zelenski acusa a Rusia de terrorismo de Estado polos ataques en Odesa

Zelenski acusa a Rusia de terrorismo de Estado polos ataques en Odesa

Di que Moscova sabía o que facía cando matou este venres 21 civís na rexión

 

G24.gal 02/07/2022 13:51 Última actualización 02/07/2022 14:15

A guerra en Ucraína suma 129 días. Kíiv denunciou a aparición doutra foxa común, cun cento de mortos, en Mariúpol, e ataques importantes no sur, na cidade de Mykolaiv, que poderían ter arrasado un edificio de apartamentos. 

Ataques que chegan un día despois de que unha vintena de civís morreran preto de Odesa ao impactar varios mísiles nun bloque de vivendas e en dous centros turísticos. Volodimir Zelenski asegura que os rusos non erraron, que actuaron conscientemente e fala de acto de terrorismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade