Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump publica unha imaxe súa manipulada como "presidente interino de Venezuela"

Trump publica unha imaxe súa manipulada como "presidente interino de Venezuela"

Difundiuna en Truth Social e atribúese o cargo desde xaneiro de 2026

O mandatario norteamericano espera visitar Venezuela e reunirse "nalgún momento" coa presidenta encargada, Delcy Rodríguez

Imaxe manipulada de Trump publicada na rede social Truth
G24.gal 12/01/2026 09:01

O presidente estadounidense, Donald Trump, publicou este domingo en Truth Social unha imaxe manipulada do seu perfil en Wikipedia, na que se atribúe o cargo de "presidente interino de Venezuela" a data de xaneiro de 2026.

Faino nove días despois de ter capturado a Nicolás Maduro e a súa dona, Cilia Flores, nunha operación militar estadounidense en Caracas. Ambos permanece encarcerados en Nova York acusados de narcotráfico e corrupción.

Este domingo, o mandatario afirmou que espera visitar Venezuela e reunirse coa presidenta encargada, Delcy Rodríguez, "nalgún momento".

En declaracións aos xornalistas a bordo do avión presidencial, reiterou as súas ameazas a Rodríguez e asegurou que, "se non coopera cos EUA, "probablemente afrontaría unha situación como a de Maduro".

Trump afirmou que, cando o foron prender, Maduro levantou a súa man e rendeuse, declarando que era "o correcto", e non quixo revelar a información que recibiu sobre a primeira noite do líder chavista no centro penal de Brooklyn, coñecido polas súas duras condicións.

O presidente norteamericano expresou a súa confianza no xuíz que supervisa o caso contra Maduro, Alvin Hellerstein, de 92 anos. "O caso é infalible", afirma o mandatario, quen acusa o expresidente venezolano de narcoterrorismo e responsabilízao da morte de "millóns e millóns de persoas".

O senador republicano Linsey Graham, presente no avión, indicou que Maduro "elixiu desafiar a Trump e o Exército estadounidense e o seu traseiro está no cárcere, onde merece estar".

Venezuela tenta recuperar a normalidade nove días despois da captura de Maduro

Nove días despois da captura de Nicolás Maduro o país tenta recuperar a normalidade. Este luns o alumnado volve ás clases. O Goberno ordenou que se reforcen as patrullas policiais para garantir a seguridade do estudantado. Mentres, esta fin de semana houbo manifestacións para pedir a liberación de Nicolás Maduro. O seu fillo asegura que están ben e que seguirán loitando.

No outro bando, os familiares dos presos políticos seguen á espera de máis excarceracións. Din que van a contagotas e temen que haxa máis mortos despois de que o sábado falecera un policía arrestado.

Trump tamén avanza nos plans sobre o petróleo. Quere deixar a Exxón fóra de Venezuela, despois de que a petroleira cualificara o país como imposible para investir. E lanza un ultimato a Cuba.  Tras advertilos que non recibirán máis petróleo nin diñeiro de Venezuela, ínstaos a chegar a un acordo antes de que sexa tarde. E o Goberno cubano respondeu que están dispostos a defender a patria ata a última gota de sangue. ​​​

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade