Trump anuncia un imposto do 25% para calquera país que faga negocios con Irán
A medida pretende afogar economicamente o goberno de Teheran

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asegurou este luns que toda nación que “faga negocios” con Irán será castigada cun arancel do 25 % por parte de Washington.
Trump asegurou que a medida terá carácter inmediato e definitivo.
O anuncio supón un novo paso na estratexia da Casa Branca para aumentar a presión económica sobre o Goberno de Teherán.
Trump fixo pública a decisión nunha mensaxe difundida na súa conta oficial de Truth Social despois de coñecerse contactos entre responsables iranianos e representantes de Washington para tentar reducir a tensión bilateral.
Eses contactos chegaron tras as ameazas do presidente estadounidense de atacar Irán como resposta á represión das protestas no país.
As mobilizacións deixaron, segundo organizacións da oposición e ONG de dereitos humanos, un número elevado de mortos e detidos, con cifras que varían de decenas a varios centos de vítimas.
Teherán mantén relacións comerciais con varios países, entre eles Brasil, así como con Venezuela, Arxentina, Cuba, México, Colombia e Uruguai, segundo datos oficiais.