Cargando resultados...
Troitiño progresa na súa candidatura á Federación Galega de Automobilismo
Cre que Iván Corral estará inhabilitado para as eleccións
G24.gal
17/11/2021 17:11
Antonio Rodríguez Troitiño pretende ser alternativa a case corenta anos de Iván Corral á fronte da Federación Galega de Automobilismo. Cre que Corral estará inhabilitado para as eleccións.
Pide tamén presentarse na mesma lista con Alfonso Garcia Eiriz, outro dos candidatos para teren máis opcións de vitoria.
Estivemos con el para coñecer as súas propostas de renovación.
Troitiño: "Quero máis transparencia, atopar novos valores, abaratar custos..."
Aquí van os primeiros dez compromisos de #RenovaFGA para darlle un cambio de rumbo á Federación Galega de Automobilismo a partir de 2022. Agradécese que o compartades e nos axudedes a darlle difusión. pic.twitter.com/hgYtfPLAA6
— renovafga (@renovafga) November 17, 2021