Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trasladan a Madrid o autor do asasinato do sancristán de Alxeciras

Trasladan a Madrid o autor do asasinato do sancristán de Alxeciras

Yasin Kanza pasará o luns a disposición xudicial na Audiencia Nacional

Atribúenselle os delitos de asasinato e lesións con fins terroristas

Celébrase a primeira das 30 misas que se van oficiar en lembranza do sancristán

G24.gal 28/01/2023 20:46 Última actualización 28/01/2023 21:15

A Audiencia Nacional prorrogou ata o vindeiro luns a detención do mozo marroquí que matou un sancristán en Alxeciras. 

As candeas e as flores continúan no lugar onde Diego Valencia, sancristán de 65 anos, foi asasinado por Yasin Kanza.

En Alxeciras, celebrábase este sábado a primeira das 30 misas que se van oficiar en lembranza de Diego.

"É moi triste porque era moi coñecido, porque na misa recollía a esmola, hoxe botámolo de menos", "Foi moi triste, vimos aquí en apoio porque a parroquia non pode quedar soa, non podemos ter medo".

"Diego era un valente e unha boa persoa".

Yasin Kanza foi trasladado este sábado nun furgón policial desde a comisaría de Alxeciras ata Madrid. Permanece nas dependencias da Policía Nacional da capital e prorrogan ata o luns a detención do mozo marroquí. 

Os investigadores pedíronlle ao xuíz marxe para practicar máis dilixencias. Analizan o material informático aprehendido e tamén as súas redes sociais, nas que Yasin Kanza deixou rastro da súa radicalización. 

O xuíz atribúelle os delitos de asasinato e lesións con fins terroristas. O luns será conducido ante o xuíz de instrución Joaquín Gadea da Audiencia Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade