Publicador de contidos

Publicador de contidos

A China suaviza as medidas contra a covid tras as protestas

A China suaviza as medidas contra a covid tras as protestas

As cifras de contaxios na China son as peores desde hai tres anos

O Goberno di que a reapertura total do país é imposible polo momento

As protestas da xente nova cuestionan o papel do Partido Comunista
G24.gal 04/12/2022 14:11 Última actualización 04/12/2022 14:59

O Goberno chinés, co reelixido Xi Jinping á cabeza, está suavizando a ríxida política sanitaria de covid cero, aínda que as cifras de contaxios son as peores desde que apareceu o virus en Wuhan hai tres anos. 

Partido Comunista chinés

Con este cambio de postura, o réxime chinés trata de combater as protestas rexistradas nas principais cidades durante os últimos días, protagonizadas sobre todo por xente nova que chegou a cuestionar o papel do Partido Comunista e dos seus líderes.

A relaxación dos controis, visible en grandes cidades como Pequín, a capital chinesa, compatibilízase co mantemento da presenza policial e co control das redes sociais. 

"A flexibilización gradual da política danos unha sensación de esperanza ós que temos que traballar... E agardamos que a política e as restricións poidan relaxarse aínda máis", di Zhao, un veciño de Pequín, de corenta anos.

Manifestacións noutras cidades do mundo

Máis explícita é a cidadanía chinesa que está fóra do seu país, e que manifesta o seu descontento noutros puntos do mundo. 

"As restricións da Covid 19 non son tan estritas coma antes, pero non conseguimos o que queríamos... non derrotamos ó Partido Comunista e Xi Jinping segue no poder, e por iso as protestas deben seguir, non podemos parar", di Zhou, estudante chinés en Australia.

Aparentemente alleo ás protestas, as maiores rexistradas na China desde as que remataron coa represión de Tiananmen, o goberno chinés di que a presenza do virus fai imposible polo momento a reapertura total do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos