Publicador de contidos

Publicador de contidos

Traballadores e empresas asumen unha nova cotización para garantir o fondo das pensións

Traballadores e empresas asumen unha nova cotización para garantir o fondo das pensións

O MEI aplica un 0,6 % da base de cotización de cada traballador e manterase ata o 2032

G24.gal 01/02/2023 14:37

A nómina de xaneiro chega con sorpresa para moitos traballadores. Unha nova cotización chamada Mecanismo de Equidade Interxeracional.

A contía desta achega extra á Seguridade Social varía segundo o traballador.

"Dunha nómina de mil euros, catro euros vainos pagar a empresa e un euro o traballador. É un 0,6% da súa base de cotización".

O Goberno incluíu estes mecanismo dentro dos Presupostos Xerais do Estado no mes de decembro.

"Tecnicamente non é un imposto. Pero desde o punto de vista do cidadán, calquera carga é un imposto".

"A Seguridade Social ten unha natureza parecida aos impostos pero ten un fin moi específico que é financiar o sistema de pensións".

Os empresarios din que é un novo custo laboral nunha situación económica incerta.

"E un novo custe laboral que se vai ter que repercutir nos produtos e servizos".

O Goberno pretende recadar con este mecanismo uns 40.000 millóns de euros de aquí ao 2032 para encher unha hucha das pensións practicamente baleira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade