Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tráfico vixía a circulación de vehículos durante a ponte de Todos os Santos

Tráfico vixía a circulación de vehículos durante a ponte de Todos os Santos

G24.gal 31/10/2021 20:17

A operación especial de Tráfico oriéntase tanto aos movementos de longo percorrido motivados pola ponte de Todos os Santos coma os de curto, relacionados coas visitas aos cemiterios.

Para garantir a fluidez do tráfico os axentes fan controis aleatorios nas estradas nos que, ademais de comprobar a velocidade e a documentación, vixían que os condutores cumpran con todas as normas.

Nesta ponte festiva a chuvia é un factor que está a afectar á condución, así que hai que extremar as precaucións ao volante.

Esta ponte festiva coincide ademais co cambio de hora, que fai que escureza antes, o que incrementa os riscos porque a condución nocturna é máis perigosa.

O dispositivo especial manterase ata o luns ás doce da noite.

Polas estradas galegas Tráfico prevé que pase o nove por cento de todos os desprazamentos que se agardan durante esta ponte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade