Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mulleres son xa o 61 % na carreira xudicial en Galicia

As mulleres son xa o 61 % na carreira xudicial en Galicia

14 novas xuízas da última promoción toman posesión das súas prazas en xulgados galegos

G24.gal 23/02/2024 14:44

As catorce novas xuízas destinadas a Galicia tomaron posesión do seu cargo este mediodía. Foi nun acto celebrado na sede do Tribunal Superior de Xustiza, en presenza da cúpula xudicial e o vicepresidente primeiro da Xunta en funcións.

As vacantes nos xulgados galegos serán cubertas con xuízas da última promoción da carreira xudicial, o que reafirma o aumento da presenza das mulleres na xudicatura.

O presidente do Tribunal Superior lembrou que Galicia é a terceira comunidade con maior porcentaxe de xuízas. 

"Isto reflicte a situación actual da nosa carreira xudicial, sendo o 56 % dos seus integrantes mulleres, e particularmente en Galicia, onde esa porcentaxe é do 61 %. Sen dúbida, o camiño adecuado para conseguir romper o teito de cristal existente a día de hoxe nos cargos de goberno", asegurou José María Gómez y Díaz-Castroverde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade