Cargando resultados...
Todo aberto na campaña pola Casa Branca máis accidentada que se lembra
Trump supera un atentado, unha condena e múltiples escándalos coas opcións intactas
Harris ilusiona as bases demócratas, pese ao nomeamento de última hora
Antón Montero
14/09/2024 15:30
Última actualización 13/09/2024 21:16
240 millóns de estadounidenses elixirán en menos de dous meses o nome do seu novo presidente ou presidenta. Donald Trump e Kamala Harris chegan practicamente empatados á recta final dunha das campañas máis accidentadas que se lembran.