Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tino Saqués: "A negociación para a renovación de Rubén Albés está en punto morto"

Tino Saqués: "A negociación para a renovación de Rubén Albés está en punto morto"

O presidente do Lugo emprazou a salvación matemática para tratar a continuidade do técnico vigués

Amosouse optimista para que a negociación chegue a bo termo

Espera que o equipo remate o máis arriba posible a temporada o que repercutiría no balance económico

 

G24.gal 12/04/2022 21:41

O presidente de Club Deportivo Lugo Tino Saqués atendeu a Radio Galega ao remate da xunta extraordinaria de accionistas do club albivermello, en que valorou a situación do equipo e as opcións de continuidade do adestrador Rubén Albés no banco a próxima temporada:

"A salvación aínda non está pechada. Toca seguir e seguir sumando. Imos a Ponferrada polos tres puntos. A diferenza de quedar entre 15 e o 9 pode ser de 500.000 euros. A negociación para a renovación de Rubén Albés está en punto morto. A intención do club é que renove pero eles trasladáronnos que o ideal é acadar a salvación e logo sentarnos a pechar a negociación. Dende o club non o vemos mal porque non nos desvíamos do obxectivo primordial. Polas dúas partes hai interese na renovación. Se ninguén se mete polo medio, consideramos que pode saír adiante".

Publicidade
Publicidade
Publicidade