Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Terra' é un éxito tamén en lingua de signos

'Terra' é un éxito tamén en lingua de signos

A versión en LSE da canción das Tanxugueiras fixérona os alumnos do Colexio Quiroga Palacios de Santiago

Publicaron o vídeo coincidindo coa final do Benidorm Fest para apoiar ás pandeireteiras

Ao cabo dunha semana xa tiñan máis de 27.000 visitas 

G24.gal 07/02/2022 09:30

Para os alumnos de 5ºA do Colexio Quiroga Palacios de Santiago comunicarse signando é habitual no seu día dia e facer actividades nesta lingua tamén. Gústalles especialmente versionar cancións, e atrevéronse con grande éxito deste momento.  

"Cando soubemos que as Tanxu ían ir ao Benidorm Fest dixemos hai que facer un apoio desde o centro e aos nenos encantoulles a idea, e para adiante", di Andrea Pérez, a titora. 

"Nós utilizamos na aula a lingua de signos todos os días entón é moi doado; a canción aprendérona en día e medio", explica Tareixa Martínez, a interprete de língua de signos.

Coidaron especialmente que a sua versión mantivera visualmente o ritmo da canción "igual que se ve cando se canta", recalca a intérprete. A hora de interpretar tiveron certas complicacións co ai-la-ra-la-la-la, porque a moitos custáballes signar con claridade o ele e o 'a' a un ritmo tan rápido.

Publicaron a súa versión de 'Terra' coincidindo coa final do Benidorm Fest e desde entón sorpréndense día a día coa repercusión que está tendo. Ao cabo da primeira semana o vídeo xa superaba as 27.000 visitas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade