Teresa Ribera pídelles aos eurodeputados que aproben a lei de restauración da natureza
A vicepresidenta fixo estas declaracións na reunión informal dos ministros de Medio Ambiente no marco da presidencia española da UE
Comezou en Valladolid o primeiro Consello informal no marco da presidencia española da Unión Europea. Foi o Consello de Ministros de Medio Ambiente.
A ministra e vicepresidenta terceira do Goberno Teresa Ribera chegou en bicicleta á reunión. Ribera fixo un chamamento a todos os membros do Parlamento Europeo para que voten a favor da lei de restauración da natureza. Unha norma apoiada pola Comisión Europea pero que xerou debate e división no Europarlamento.
"Sería un sinal moi malo que o Parlamento Europeo renuncie a isto por entender que non paga a pena restaurar os nosos ecosistemas, restaurar a calidade da auga, restaurar o que nos dá servizos para poder seguir funcionando en sociedade", Teresa Ribera, ministra para a Transición Ecolóxica.