Publicador de contidos

Publicador de contidos

TEDAX-NRBQ da Policía Nacional, un traballo onde o primeiro erro é o último

TEDAX-NRBQ da Policía Nacional, un traballo onde o primeiro erro é o último

 Esixe alta cualificación pero tamén estabilidade emocional e sangue frío

 Desactivan explosivos pero tamén neutralizan riscos nucleares, radiolóxicos, biolóxicos ou químicos.

G24.gal 31/01/2026 15:30 Última actualización 30/01/2026 19:05

Os TEDAX-NRBQ son unidades de elite da Policía Nacional altamente especializadas.

Non só desactivan explosivos tamén fan fronte a todo tipo de ameazas terroristas mediante substancias nucleares, radiolóxicas, biolóxicas ou químicas.

A propia perigosidade do seu traballo fai que raramente os poidamos ver en acción.

O grupo de Vigo abriunos as súas portas para dar a coñecer o seu traballo e o sofisticado equipamente que utilizan para minimizar riscos.

O seu lema é "o primeiro erro é o último" e nos 51 anos de existencia da unidade a Policia Nacional perdeu 13 axentes TEDAX en acto de servizo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos