Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tariku Novales entra na lista de elixidos para os mundiais de Budapest

Tariku Novales entra na lista de elixidos para os mundiais de Budapest

O pasado mes de decembro conseguiu en Valencia a cuarta mellor marca da historia na proba de maratón

G24.gal 18/04/2023 21:19

O atleta noiés Tariku Novales foi convocado co equipo español que competirá nos mundiais de atletismo ao aire libre de Budapest que se disputarán a finais de agosto.

Tariku Novales forma parte do equipo de tres atletas que representará a España na competición xunto a Abdelaziz Merzougui e  Ayad Lamdassem, quinto nos Xogos de Tokyo.

O atleta de Noia, tras numerosas lesións, brillou no maratón de Valencia o pasado decembro, onde conseguiu o cuarto mellor tempo español da historia. Será o seu debut coa selección absoluta no Mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade