Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os portugueses agardaron a hoxe para encher o depósito en Galicia

Os portugueses agardaron a hoxe para encher o depósito en Galicia

O litro dalgúns carburantes xa está por riba dos 2 euros en Portugal

Os portugueses aproveitaron a baixada dos prezos que entrou en vigor hoxe

 

Ringleiras de coches portugueses agardando para repostar en Tui
G24.gal 01/04/2022 14:08

"Case media hora, si".

"Si, normalmente non acostumo ver tanta cola, pero como os prezos baixan máis de 20 céntimos pois levo case media hora aquí agardando cola", apuntan uns portugueses na cola da gasolineira.

Ringleiras de coches agardando para botar combustible esta mañá nesta gasolineira de Tui e aínda que había algunha matrícula española, a maioría eran portuguesas. Algún descoidado que non sabía da rebaixa no prezo dos carburantes, pero en xeral os veciños portugueses estaban ao tanto, por iso lles compensou agardar a cola.

"Si, os prezos en Portugal están moi altos, están case a 2 euros e algúns por riba dos 2 euros", conta unha rapaza de Valença.

"Aquí é máis barato", sinala outra .

"Normalmente veño sempre aquí, porque en España compensa sempre un pouco, pero hoxe en día tal e como están os prezos do combustible aínda compensa un pouco máis", informa un transportista portugués.

Os portugueses cren que o seu Goberno debería tomar unha medida similar para poñerlle freo á alza do prezo dos carburantes.

"Molesto co Goberno portugués que prometeu que cando o cru aumentase, baixaría os impostos pero non se baixou nada. Por iso dou o IVE e todos os impostos a España, porque eles non o merecen", explica un señor.

Ademais da trasfega de coches e clientes, hoxe tamén había moitas dúbidas e confusión á hora de facer os pagos, algo que fixo demorar aínda máis o servizo.

"Alí atrás había moita fila e entón calculei que ía estar así xa", fala unha rapaza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade