Cargando resultados...
Susto para uns veciños de Vigo aos que lles entrou na casa un petardo de Noitevella
G24.gal
01/01/2022 13:37
Foi unha noite moi tranquila en toda Galicia. As incidencias foron mínimas. So destacamos o susto que levaron uns veciños de Vigo.
É unha tradición de aninovo tirar petardos e desta volta case acaba en traxedia. Este que tiraron desde esta fiestra rematou na casa duns veciños, que non sufriron danos de milagre.