Publicador de contidos

Publicador de contidos

Strand Larsen asina pola mañá ata 2028 e pola tarde traballa en Afouteza

Strand Larsen asina pola mañá ata 2028 e pola tarde traballa en Afouteza

Larsen, de 22 anos de idade e 1.93 m. de altura, foi unha das grandes sensacións da pasada tempada na Eredivisie, competición na que anotou 14 goles

Chegou onte a Vigo para pasar as probas médicas e asinar o seu contrato co club

Foto @RCCelta
G24.gal 01/09/2022 11:10 Última actualización 01/09/2022 18:32

O RC Celta pechou nas últimas horas a contratación do dianteiro internacional noruegués Jörgen Strand Larsen, procedente do FC Groningen, da Primeira División holandesa. Larsen, de 22 anos de idade e 1.93 m. de altura, foi unha das grandes sensacións da pasada tempada na Eredivisie, competición na que anotou 14 goles. O ariete foi internacional en todas as categorías, desde a sub-16, da selección de Noruega, con cuxo combinado absoluto debutou no ano 2020. Na presente tempada, o xogador celeste disputou os 4 partidos da liga holandesa completos e anotou un gol e deu unha asistencia.

Larsen é un dianteiro cun gran físico e magnífico xogo de costas, ademais de intuitivo e resolutivo na área. Cunha boa técnica, participa moito no xogo e é xeneroso no esforzo de presión. O novo ariete internacional será celeste ata xuño de 2028.

O dianteiro noruegués é unha aposta persoal de Luìs Campos. Esta mañá asinou o seu contrato co presidente do Celta.

 

Tras asinar pola mañá, pola tarde trasladouse ata a Afouteza para traballar cos seus novos compañeiros.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade