Publicador de contidos

Publicador de contidos

Strand Larsen matiza as súas palabas: "Non podo faltarlle ao respecto ao Celta"

Strand Larsen matiza as súas palabas: "Non podo faltarlle ao respecto ao Celta"

"Como futbolista profesional teño ambición de xogar o máis arriba posible", comentou sobre o de ter un verán movido

G24.gal 28/03/2024 19:39

A entrevista que deu Strand Larsen en Noruega na que falaba de que agardaba facer un bo final de temporada para "ter un verán movido" e que lle gustaría xogar nun equipo dun perfil máis grande que o Celta tivo a súa continuación nada máis chegar a Vigo.

O xogador empregou os medios do club para aclarar e matizar as súas palabras. Asegura que en ningún momento quixo faltarlle ao respecto ao Celta: "Non podo faltarlle ao respecto porque estou moi contento aquí". 

Larsen recoñeceu que, como todo futbolista profesional, o seu desexo é xogar o máis arriba posible: "É para o que adestro desde que era pequeno" pero en ningún caso a súa intención era facer de menos ao club que apostou por el para xogar na Liga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade