Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Gordo esquiva Galicia, que só recibiu a fortuna de cuartos e quintos premios

O Gordo esquiva Galicia, que só recibiu a fortuna de cuartos e quintos premios

O 91.179, un cuarto premio, deixa máis de 23 millóns de euros na Illa de Arousa e en Caldas de Reis

Iria Lagarón Jiménez/Mónica Rosas 22/12/2021 07:34

O número 86.148 foi agraciado co Gordo de Nadal, dotado con catro millóns de euros por serie (400.000 euros por décimo), no Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal que se celebra este mércores. Nesta ocasión esquivou Galicia.

Saíu ás 12:12 da mañá e vendeuse na Estación de Atocha de Madrid, 129 series na terminal do AVE; As Palmas de Gran Canaria (40 series) e unhas serie respectivamente en Santoña (Cantabria), Ayamonte (Huelva) e na rúa Toledo de Madrid.

Entre Caldas de Reis e A Illa de Arousa repartiron máis de 23 millóns de euros do 91.179

Un cuarto premio do sorteo extraordinario da Lotería de Nadal, o 91.179, e un quinto, o 26.711, repartíronse en seis localidades galegas das provincias de Pontevedra e A Coruña. En concreto, vendéronse 92 series do 91.179 na Illa de Arousa e 38 en Caldas de Reis. Este premio tamén repartiu tres décimos na Coruña, O Porriño e Vigo.

Por outra banda, un dos quintos premios, o 26.711, caeu en Baiona. Os cuartos premios da Lotería de Nadal reparten 20.000 euros por décimo xogado e os quintos, 6.000 euros por décimo.

Un quinto premio do sorteo extraordinario da Lotaría de Nadal, o 24.198, deixou 120.000 euros en Laxe (A Coruña). En concreto, vendéronse dúas series deste premio na avenida de Rosalía de Castro de Laxe, o que supón un total de 120.000 euros.

O último premio da mañá do sorteo da Lotería de Nadal caeu nas localidades de Carballo, Santiago e O Porriño. Trátase de décimos, aos que corresponden 6.000 euros, dun quinto premio, o número 89.109, que saíu sobre as 13:20 horas da mañá. 

En Carballo vendéronse dous décimos, en Santiago, un e no Porriño, outro. Dáse a curiosidade de que o establecemento desta localidade pontevedresa vendeu un décimo do quinto premio que saíu pola mañá, antes das 09:30 horas, e vendeu tamén outro décimo do último quinto premio deste sorteo. Ademais, repartiu dous cuartos premios.

Minuto a minuto

08:48

Comezan a introducir as bólas dos números no bombo

09:05

As bólas dos números xa están no bombo grande

09:05

Comezan a introducir as 1.794 bólas dos premios no bombo

09:12

Entran os nenos de San Ildefonso

09:13

Comeza o Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal 

09:23

Sae un 5º premio: 92.052

6.000 euros ao décimo

Vendéronse 10 décimos na Coruña e 1 no Porriño

En total son 66.000 euros

09:48

A administración número 34 da Coruña, na avenida de Oza, repartiu 60.000 euros do 92.052

10:03

Sae un 5º premio: 70.316

6.000 euros ao décimo

Non se vendeu ningún décimo en Galicia

10:48

Sae o 2º premio: 72.119

125.000 euros ao décimo

Vendido integramente en Basauri

 

10:59

Sae un 4º premio: 42.833

20.000 euros ao décimo

Número vendido na Coruña, Malpica de Bergantiños, Santiago de Compostela, Lourenzá, Lugo, A Illa de Arousa, Ferrol, Riós, Vigo, Tui, Meis, Gondomar, O Porriño e Bueu

11:03

A administración número 3 de Santiago, na Porta Faxeira, vendeu dez décimos do 42.833 e repartiron 200.000 euros

11:11

Sae un 4º premio: 91.179

20.000 euros ao décimo

Vendido na Coruña, Caldas de Reis, A Illa de Arousa, O Porriño e Vigo

11:13

Sae un 5º premio: 26.711

6.000 euros ao décimo

Vendéronse 10 décimos en Baiona, en total repartiron 60.000 euros

 

11:19

O 91.179, un cuarto premio, deixa 18 millóns de euros na Illa de Arousa

11:25

O 91.179, un cuarto premio, deixa 7,6 millóns en Caldas de Reis

11:32

Sae o 3º premio: 19.517

50.000 euros ao décimo

11:46

Sae un 5º premio: 24.198

6.000 euros ao décimo

Vendéronse 20 décimos en Laxe

12:12

Sae o 1º premio, o Gordo: 86.148

400.000 euros ao décimo

12:33

Sae un 5º premio: 69.457

6.000 euros ao décimo

12:35

Sae un 5º premio: 89.053

6.000 euros ao décimo

12:45

Sae un 5º premio: 34.345

6.000 euros ao décimo

13:21

Sae o último premio, un 5º premio: 89.109

6.000 euros ao décimo

Vendeuse un décimo no Porriño, outro en Santiago e dous en Carballo, un total de 24.000 euros

13:37

Remata o Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade