Socialistas galegos e portugueses demandan mellores infraestruturas
Os socialistas galegos e portugueses uniron esforzos en Lobios para poñer en valor a necesidade de máis infraestruturas que unan os dous territorios irmáns
Teresa Ribera di que unha economía moderna impulsará o emprego de calidade
Os socialistas galegos e portugueses uniron esforzos en Lobios para poñer en valor a necesidade de máis e mellores infraestruturas que unan os dous territorios irmáns. Din que dende Europa o PSOE promoverá a mobilidade como un dereito universal, mellorando a calidade dos servizos. Din que o impulso das infraestruturas é clave para o impulso de todos os territorios europeos
Esta tarde o secretario xeral dos socialistas, Pedro Sánchez, non participou en actos de campaña. Quen si o fixo foi a Ministra Isabel Rodríguez, que estivo en Cidade Real acompañando á candidata socialista. Teresa Ribera insistiu na importancia que teñen estas eleccións para seguir construíndo Europa. E di que os socialistas teñen a receita, impulsando unha economía moderna que sexa capaz de xerar empregos de calidade.