Publicador de contidos

Contido con Temática Actos de campaña .

Publicador de contidos

Contido con Temática Actos de campaña .

Actos De Campaña

Os socialistas piden unha mobilización masiva convencidos de que van ser a forza máis votada

07/06/2024 20:08

Os socialistas galegos escolleron Santiago para pechar a campaña das europeas

Teresa Ribera di que está en xogo unha Europa máis social, verde e feminista


Rueda pide a todos os que votaron ao PP en febreiro que o volvan facer o nove de xuño

07/06/2024 20:06

Núñez Feijóo pecha en Valencia a campaña electoral

O líder popular di que "non nos acostumemos a estas frivolidades de tratar un país como se estivese cheo de populismos"


Ana Miranda pide a confianza dos galegos para que collan a papeleta de Agora Repúblicas

07/06/2024 20:04

Asegurou a candidata que será a voz galega en Europa e que defenderá as causas xustas da humanidade

No peche de campaña, a voceira nacional, Ana Pontón, pediu unha mobilización masiva dos que levan a Galicia no corazón
 


Sumar apela á mobilización do voto progresista

07/06/2024 20:02

Yolanda Díaz apela á mobilización para que Sumar teña apoio dabondo e poida seguir gañando dereitos 

Sumar pecha a campaña electoral en Valencia


Ciudadanos pide aos españois que sigan confiando neles

07/06/2024 20:00

Cañas espera que as eleccións europeas supoñan o renacemento da formación laranxa

Asegura que foron o único partido que falou dos problemas da xente


O PSdeG di que os fondos europeos impulsarán Galicia

07/06/2024 14:30

Os socialistas escolleron Vilagarcía e Lugo para amosar como a combinación dos fondos europeos e as políticas socialistas dan impulso a grandes proxectos de obras nas cidades

Pedro Sánchez pon a gorra vermella da UXT para pedir o voto para os socialistas


Rueda pide votar unidos este domingo porque Galicia ten moito en xogo

07/06/2024 14:20

O presidente do PP galego dille a Sánchez que no canto de insultar aos xuíces dea explicacións sobre a súa muller

En Barcelona, Núñez Feijóo asegura que o voto ao PP acerca o final dun Goberno que ten o seu futuro en mans da xustiza


Ana Miranda defende o seu traballo en Europa

07/06/2024 14:10

A candidata asegura que deu voz no Parlamento Europeo aos problemas galegos

Pontón destaca que o BNG está no seu mellor momento
 


Sumar di que é a parte do Goberno de coalición que está cambiando o país

07/06/2024 14:00

Yolanda Díaz di que hai que continuar gañando dereitos en Europa

Nun mitin en Malaga a líder de Sumar apelou ao voto dos progresistas


Ciudadanos confía en ter representación para seguir traballando no Parlamento Europeo

07/06/2024 13:50

Jordi Cañas di que Ciudadanos ocupará a centralidade, o espazo que España necesita

Lembrou a importancia das eleccións do domingo porque en Bruxelas se deciden a maioría de políticas que afectan os cidadáns

 


O PSdeG defende a importancia de loitar por Galicia dende Bruxelas

06/06/2024 20:08

Os socialistas galegos estiveron esta tarde en Pontevedra nun encontro cos cidadáns

En Hospitalet Josep Borrell e Illa agradeceron a Pedro Sánchez o labor feito no goberno e amosáronlle o seu apoio no persoal


Núñez Feijóo pide votar unidos contra a corrupción do Goberno de Sánchez

06/06/2024 20:06

Rueda pide o voto para que Sánchez non poida utilizar os resultados como aval das súas políticas

Feijóo lembra a importancia das eleccións do domingo, porque Europa é a maneira de protexer o Estado de dereito


Ana Miranda defende a ruptura das relacións con Israel

06/06/2024 20:04

Asegura que loitarán contra o militarismo e apostarán pola vía diplomática para resolver os conflictos

Pontón insiste en que a papeleta do BNG é a que defende Galicia e a paz en Europa 


Yolanda Díaz pide o voto para Sumar para que gañe o goberno de coalición progresista

06/06/2024 20:02

Nun encontro con militancia e entidades sociais en Granada, a líder da formación fixo un chamamento a pasar das palabras aos feitos en materia de ecoloxismo

Tamén pediu o voto para avanzar cara a unha Europa máis social, democrática e con máis dereitos


Javier Nart reinvindica o voto útil para Ciudadanos

06/06/2024 20:00

O candidato laranxa destaca a importancia de que Ciudadanos teña presenza no grupo liberal do Europarlamento

Jordi Cañas asegura que Ciudadanos representa a España real


Para o PSdeG, os fondos europeos favorecen a innovación e a investigación

06/06/2024 14:30

No penúltimo día de campaña, os socialistas visitaron a factoría de Delta, unha empresa punteira que recibiu máis de 4 millóns de euros dos fondos europeos

Os socialistas celebran o aval do Constitucional á lei Zerolo e agora miran a Europa
 


O Partido Popular reclama un gran pacto pola industria en Europa

06/06/2024 14:29

Os populares galegos advirten de que se poden perder fondos europeos porque aínda non se executaron

Feijóo pide aos cidadáns que escollan a papeleta do PP porque calquera outra só servirá para beneficiar a Sánchez


Miranda pide unir o voto nacionalista e inconformista na papeleta do BNG-Agora Repúblicas

06/06/2024 14:28

A candidata chamou á mobilización o domingo

Miranda recibiu o apoio de Beiras no mitin da Coruña


Sumar quere representar en Europa o mesmo que en España

06/06/2024 14:27

Sumar di que un bo resultado o domingo será aquel que lles permita incidir nas políticas europeas

Para a formación non é tanto cuestión de votos senón do papel que vai ter no Parlamento Europeo
 


Cañás pídelle a Sánchez que deixe de cuestionar a independencia dos xuíces

06/06/2024 14:16

O cabeza de lista de Ciudadanos: "Menos cartas e máis conferencias de prensa"

Javier Nart asegura que o voto á formación laranxa é o voto útil para Europa


Os socialistas queren seguir avanzando no pacto verde para mellorar a calidade de vida

05/06/2024 20:12

O candidato socialista dedicou a tarde de campaña a visitar en Ames as obras do paseo fluvial e da depuradora de Sisalde, realizadas grazas aos fondos europeos

Nun mitin en Málaga, Pedro Sánchez volveu denunciar o que dá en chamar máquina da lama e as falsidades

Etiquetas:  PSOE

O Partido Popular pide máis transparencia na repartición dos fondos europeos

05/06/2024 20:10

Rueda reclamalle ao Goberno central a descentralización dos fondos que Galicia necesita para o seu desenvolvemento industrial

Ñúñez Feijóo di que a papeleta do PP é a única que serve para amosar o descontento co que está pasando en España


Ana Miranda defende o saneamento das rías galegas

05/06/2024 20:08

Asegura que os fondos europeos permitirían garantir postos de traballo

Pontón defende que se retire ENCE da ría de Pontevedra
 


Sumar di que o que está en xogo o domingo non son marcas senón o modelo de Europa

05/06/2024 20:06

Estrella Galán insta a Pedro Sánchez a presentar máis propostas e facer menos reflexións filosóficas

A candidata de Sumar distánciase do presidente do Goberno e ve un compoñente electoralista na última carta de Pedro Sánchez


Ciudadanos defende que os agricultores españois poidan competir en igualdade de condicións que os de terceiros países

05/06/2024 20:04

Jordi Cañas asegura que hai que escoitar aos agricultores para coñecer os seus problemas

A formación laranxa aposta pola enerxía nuclear porque asegura a subministración, crea emprego e cumpre os compromisos climáticos


Vox di que para o PSOE os cidadáns "non valen nada"

05/06/2024 20:02

Santiago Abascal afirma que esa é a mensaxe que lles lanzan aos españois coa aprobación da lei da amnistía

O lider de Vox asegura que os privilexiados por Sánchez son "a casta golpista"


Pablo Iglesias pregúntase se a carta de Sánchez non será "unha oportunidade electoralista"

05/06/2024 20:00

O fundador de Podemos dixo que "é unha vergonza" que o presidente non dea nomes

Iglesias participou nun mitin da formación morada na Coruña


No Día do Medio Ambiente, os socialistas galegos visitan as Fragas do Eume

05/06/2024 14:30

Din que os fondos europeos poderían resolver as reivindicacións económicas dos propietarios dos terreos

Teresa Ribera di que dentro do modelo europeo o sindicalismo xoga un papel importante


Rueda asegura que os galegos queren xestión e rigor, non discriminación nin desgoberno

05/06/2024 14:29

O presidente do PP galego apunta que o PP é a única alternativa moderada e comprometida con Galicia

Núñez Feijóo arremete contra Pedro Sánchez. Di que se cre impune ante os casos de corrupción que o rodean.


Ana Miranda pide unha mobilización masiva o domingo

05/06/2024 14:28

Insiste en que son unha candidatura 100 % galega que defenderá os intereses do país

Pontón di que na papeleta do BNG collen todos os galegos e galegas que levan Galicia na cabeza e no corazón

 

 


Sumar apela ao voto por unha Europa social con sindicatos fortes

05/06/2024 14:27

Din que a tarefa pendente segue a ser a desigualdade

Yolanda Díaz defende que as condicións dos traballadores e traballadoras en Europa teñen que ser idénticas


Ciudadanos aposta pola enerxía nuclear

05/06/2024 14:26

Jordi Cañas asegura que esta enerxía garante a subministración, cumpre os compromisos climáticos e crea emprego

O cabeza de lista de Ciudadanos denuncia as contradicións de Teresa Ribera: "En Europa considera enerxía verde a nuclear e en España di non"


O PSOE pide o apoio dos vigueses para ter unha Europa en favor dos galegos

04/06/2024 21:10

Os socialistas din que o seu compromiso é seguir impulsando a xustiza social e o crecemento económico

Foi no acto central de campaña celebrado en Vigo


Núñez Feijóo asegura que non hai en Europa un goberno tan cuestionado pola corrupción como o español

04/06/2024 21:08

O líder popular di que Sánchez non ten límites para enganar e insultar os españois

Os populares galegos din que é imprescindible que haxa un comisario con competencias exclusivas en pesca


Miranda defende unha transición enerxética xusta

04/06/2024 21:04

A candidata do BNG-Agora Repúblicas reclama que os fondos europeos garantan que as empresas queden no territorio 

Pide tamén Ana Miranda que esas achegas de Bruxelas cheguen ás pemes


Ciudadanos aposta porque Europa recupere a industria e non sexa un sitio de servizos

04/06/2024 21:02

Cañas asegura que Europa ten que protexer as clases medias "especialmente maltratadas"

O cabeza de lista de Ciudadanos confía en que as eleccións europeas sexan o reinicio da formación


Coalición por unha Europa Solidaria aposta por conseguir o obxectivo da neutralidade climática en 2050

04/06/2024 21:00

Na coalición sosteñen que a transición ten que facerse con todos os sectores produtivos

Comprométense a unha defensa exhaustiva en Bruxelas do agro e da pesca


O PSdeG di que Galicia ten un oportunidade histórica para aproveitar os beneficios da eólica

04/06/2024 14:30

Os socialistas reuníronse coa Asociación Eólica Galega para falar do presente e futuro desta fonte de enerxía

Din que a axenda climática en Europa ten que servir para xerar crecemento

 


O PP anuncia un conxunto de propostas para os primeiros meses de lexislatura europea

04/06/2024 14:29

Rueda di que non votar o domingo supón avalar un Goberno central que incumpre con Galicia

Feijóo chama a votar porque tanto España como Europa se xogan moito a nivel económico e a nivel político


Ana Miranda aposta por adaptar a PAC ás necesidades do agro galego

04/06/2024 14:28

A candidata do BNG-Agora Repúblicas reclama unha repartición xusta de axudas ao rural que non penalice Galicia

Pontón pide a mobilización da militancia o vindeiro domingo
 

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 158 resultados.