Soben ata case 6.000 os novos contaxios, mentres baixan os ingresos
Hai 60.277 persoas con coronavirus en Galicia
Baixan de 700 os ingresados

Os casos activos seguen diminuíndo, pero lixeiramente (-443). En total, hai 60.277 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios soben con respecto ao día anterior e rexístranse 5.963 nas últimas 24 horas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 13.275 (-48)
Vigo: 15.610 (-51)
Ourense: 6.015 (-115)
Santiago: 9.821 (+118)
Lugo: 6.148 (-57)
Pontevedra: 6.564 (-221)
Ferrol: 2.844 (-70)
A presión hospitalaria descende con respecto ao día de onte en planta (-22) e nas UCI (-1). En total, baixan de 700 as hospitalizacións, 641 en planta e 40 nas UCI.
Con todo, o Sergas notificou o deceso de cinco persoas que foran diagnosticadas de covid, que alzan a cifra a 2.955 falecementos desde o inicio da pandemia.
Todas as vítimas superaban os 70 anos de idade: unha muller de 87 anos e un home de 85 na área sanitaria de Pontevedra; unha muller de 78 anos na área de Vigo, unha muller de 85 anos na área de Ferrol e un home de 83 anos na área de Santiago. Todos eles presentaban patoloxías previas.
Mapas de incidencia por concellos