Publicador de contidos

Publicador de contidos

Siniestro total baixa dos escenarios despois de 40 anos

Siniestro total baixa dos escenarios despois de 40 anos

A banda viguesa dará un último concerto en Madrid para despedirse dos fans, nun directo en que estarán Miguel Costas e outros integrantes históricos da banda

"40 anos sen pisar a Audiencia Nacional" é a mensaxe coa que o grupo di adeus

A formación sepárase despois de catro décadas
G24.gal 14/02/2022 16:25

Siniestro total anuncia un último concerto. Logo de 40 anos ininterrompidos de carreira, a banda viguesa di adeus aos escenarios, pero non necesariamente aos estudos de gravación. 

Nun comunicado, neste 14 de febreiro, o grupo vigués informaba dese concerto que será en Madrid, no WiZink Center, o 6 de maio, e nel estarán presentes algún dos membros históricos da banda, entre eles Miguel Costas.

Os rumores sobre un posible reencontro xa se dispararan meses atrás, cando Siniestro compartiu un vídeo duns ensaios no que aparecía Costas.

As entradas para este concerto estarán á venda a partir próximo 23 de febreiro, data na que os integrantes do grupo teñen previsto dar unha conferencia de prensa.

O cartel do evento celebra esas catro décadas, e destaca o logro de que foron "40 anos sen pisar a Audiencia Nacional". Malia que de aquí ao 6 de maio, aínda están a tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade