Publicador de contidos

Publicador de contidos

Realizan simulacros de rescate en Neda e Narón para afrontar efectos de temporais

Realizan simulacros de rescate en Neda e Narón para afrontar efectos de temporais

Actividade que se enmarca no proxecto europeo Covalex

Rebordamento do río Xuvia, dúas persoas arrastradas pola corrente e dez vítimas tras caer un autobús á agua na enseada da Gándara

G24.gal 09/04/2024 14:31

Tras un temporal de forte chuvia e arrastre de pólas, a parede da presa do Rei rompeu xerando unha saída incontrolada de auga e provocando tamén o rebordamento do río Xuvia. Aquí, precisamente, na zona do paseo fluvial foi onde dúas persoas tiveron que ser rescatadas.

"Unha persoa inconsciente. Había unha sospeita de que tivese unha lesión medular. Así que unha vez na beira, inmobilizárono e nunha ambulancia foi trasladado ao hospital", explica Daniel Lorenzo, coordinador da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias.

Á vez escóitase un mozo berrando pedindo auxilio. É a outra vítima. Malia estar consciente, está desorientado e presenta síntomas de hipotermia.

"Trasladouse á beira e efectivos de Protección Civil reforzaron a operación. Trasladárono en padiola ata unha ambulancia para ir a un centro hospitalario", engade Daniel Lorenzo.

Intres despois, os equipos de emerxencias recibían o aviso de que un autobús escolar caera a auga na enseada da Gándara.

"Hai dez vítimas. Algunhas chegan á beira polos seus propios medios, pero outras quedaron atrapadas no río. É unha operación de rescate acuático, coordinada por Salvamento Marítimo".

Son todas elas, actuacións ficticias de emerxencias no marco do proxecto europeo Covalex.

"O obxectivo é obter boas prácticas para poder aplicar nos procedementos de cada un dos países porque este é un proxecto que está impulsado pola Unión Europea".

E por iso a estes simulacros asistiron tamén observadores de Italia, Austria e Grecia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade