Publicador de contidos

Publicador de contidos

Simón Lamas fai a súa aposta dos ascensos directos: "Deportivo, Pontevedra e Fabril"

Simón Lamas fai a súa aposta dos ascensos directos: "Deportivo, Pontevedra e Fabril"

O técnico do Rácing Vilalbés analizou no Galicia en Goles a actualidade das tres categorías RFEF

G24.gal 12/02/2022 11:31

Nunha ampla conversa con Paco Santos, Simón Lamas, debullou na Radio Galega os vindeiros compromisos do seu conxunto, o Rácing Vilalbés  así como  os obxectivos e metas fixadas nunha temporada marcada polos adiamentos por casos Covid.

"O noso obxectivo é manter a categoría e penso que temos equipo para facelo. Os formatos de competición son moi esixentes, con moitos descensos. Temos un punto de regularidade que buscabamos. O partido entre semana co Fabril será un novo reto, moi motivante, nunah semana moi esixente para nós. Veremos como xestionamos a carga de minutos"

Como bo amante das retransmisións da G2, Simón Lamas non deixa de analizar día a día o resto da actualidade do noso fútbol. Así, atreveuse a apostar polos tres equipos que conquerirán o ascenso directo na primeira, segunda e terceira categoría da RFEF: Deportivo, Pontevedra e Fabril.

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos