Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta desaproveita as súas ocasións e perde en Vallecas (2-1)

O Celta desaproveita as súas ocasións e perde en Vallecas (2-1)

Os de Giráldez gozaron de grandes oportunidades para levar canto menos un punto

Os celtistas reclamaron falta sobre Guaita no primeiro gol local

G24.gal 10/01/2025 19:32 Última actualización 10/01/2025 23:30

O Raio Vallecano impúxose pola mínima ao Celta nun partido no que os celtistas gozaron de moitas ocasións para poñer as táboas no marcador. Os locais adiatáronse axiña no marcador cun gol moi polémico para os galegos. Nun balón moi alto que caía na área de Guaita, o gardameta rexeitaríao de forma moi branda podendo ser obxecto de falta, pero o colexiado non o considerou desta maneira. O esférico caeríalle a Embarba, que non fallaría ao golpear de volea e envialo ao fondo das redes. O propio Embarba volvería a ter unha boa oportunidade pouco despois cun potente disparo dende a frontal da área que, esta vez si, obtería unha boa resposta por parte do gardameta celtista. 

No minuto 26, Ilaix Moriba poñeríalle un balón en profundidade a Bamba despois dun gran caneo no centro do campo, que lle centraría o balón a Borja Iglesias para que o galego só tivera que empurralo ao fondo da portería de Dani Cárdenas. Con todo, as mellores ocasións seguirían a ser dos locais, con dous cabezazos de Lejeune e Unai López que resolvería de gran forma Guaita.

Na segunda metade, os de Vallecas voltarían a adiantarse no marcador grazas a un pase de Sergio Camello que Isi Palazón deixaría pasar que Jorge De Frutos, cun potente disparo raso, batira ao porteiro do Celta. A partir deste gol o Celta tomaría as rendas do partido e tentaría empatalo de todas as maneiras posibles. Marcos Alonso foi quen tivo unha das mellores oportunidades cun zurdazo cruzado que fixo sacar unha boa man a Dani Cárdenas.

Minutos despois, Swedberg remataría a bocaxarro un balón na área que o gardameta dos madrileños sacaría coa cara. O rexeitamento caeríalle de novo ao sueco e esta vez sería Florian Lejeune o que evitaría o 2-2. Xa no desconto, Marcos Alonso sería expulsado do partido ao entrar ao campo sen o permiso do colexiado. A última grande ocasión de novo para Swedberg, cun remate de cabeza na área pequena que marcharía alto. Deste xeito, o Raio Vallecano impoñeríase a un Celta que marcha coas mans baleiras de Vallecas.

Tras o partido, os futbolistas vigueses non podía explicar o acontecido. Para Fran Beltrán, o equipo tivo ocasións de sobra, pero a vitoria fuxiu por culpa dos erros e das decisións arbitrais. Borja Iglesias quedou coa sensación de que "fas moito e marchas sen nada". Para Carlos Domínguez, "por culpa da mala sorte e de pequenos detalles, foise un partido en que fomos superiores"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar