Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda invoca a Begoña Caamaño para un pacto pola lingua con "querenza" cara ao galego

Rueda invoca a Begoña Caamaño para un pacto pola lingua con "querenza" cara ao galego

O presidente da Xunta presidiu a celebración solemne no Salón Teatro de Santiago

"Un idioma é moito máis que un idioma. É unha forma de narrar o universo", esta é a reflexión da xornalista, escritora e activista á que recorreu o presidente autonómico

G24.gal 17/05/2026 10:00 Última actualización 17/05/2026 12:15

Desde ás 11:00 da mañá, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado doutros membros do Goberno galego, participou no acto conmemorativo do Día das Letras Galegas 2026, dedicado a Begoña Caamaño (1964-2014), xornalista, escritora e activista.

O Salón Teatro de Santiago acolleu este celebración, pública e solemne, á que tamén asistieron, entre outros, o delegado do Goberno, Pedro Blanco; o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e a alcaldesa, Goretti Sanmartín.

"Un idioma é moito máis que un idioma. É unha forma de narrar o universo"

Esta é unha reflexión da xornalista, escritora e activista Begoña Caamaño á que recorreu o presidente autonómico, Alfonso Rueda, para a obtención dun Pacto pola Lingua con "querenza" cara ao galego.

"Sen apriorismos, sen bandeiras, sen barreiras" animou o xefe do Executivo galego a traballar e lembrou que o falecido historiador da literatura Xesús Alonso Montero insistía en que o galego "é de todos", por tanto "un asunto de país no que todos temos que avanzar na mesma dirección".

"Non é doado", recoñeceu o tamén líder do PPdeGalicia, porque pode ser "tentador" usar este tema como ferramenta política, "ao lado que sexa".

Ante iso, ofreceu novamente "diálogo e man tendida" e indicou que todo é negociable excepto garantir a pervivencia do idioma, "mil primaveras máis como dicía Cunqueiro".

A iso dedicouse Begoña Caamaño na súa "desgraciada curta vida", proseguiu Rueda, pois no medio século que viviu deixou unha "intensa pegada" a través da súa obra literaria pero tamén da súa obra privado, subliñou, precisamente "polo seu xeito de ser e estar".

O presidente galego lembrou á súa nai, Carmen Rascado, que lía contos a Begoña e á súa irmá Bea para inculcarlles o amor polas letras e esa, dixo, é "unha das mellores herdanzas que podemos todos legar".

A cantante Uxía interpretou tres pezas, 'Ou teu nome é bandeira', 'Begoñísima' e por suposto o himno e nun recinto abarrotado comentou da distinguida este ano no Día das Letras que estaba "chea de coñecementos" e era activista "desde a ética".

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, tamén amiga íntima, afondou en que sempre defendeu Begoña mobilizarse por causas xustas, entre elas a lingua, á que "vestía con traxe de domingo todos os días", por iso non considerou unha casualidade que esta xornada caese neste día.

"As súas mensaxes gardan coherencia coa súa práctica, coa súa vida", expresou, e engadiu que se algo non era Begoña, era superficial. "Era incómoda por radical", indicou.

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Henrique Monteagudo, destacou a súa intelixencia, sensibilidade e "asombrosa capacidade" para conseguir esa "sociedade máis xusta e igualitaria", xusto esa que ela ambicionaba.

Bea Caamaño, a súa irmá, prestou a súa voz ao seu parente e leu un texto dela no que dicía que ser muller e nacer en Galicia condiciona, para terminar a reflexión co culpable que sentiría 'Bego', como era coñecida no seu círculo íntimo, se as protagonistas das súas historias traizoasen os seus ideais.

A súa palabra tiña beleza, conciencia e verdade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos