Sexto triunfo consecutivo como local do Coruxo en Fragoselo
Derrotou o Ceares por 3-1 e mira cara os postos de fase de ascnso
Marcaron Youssef, Chiqui e Mateo nun partido no que o Coruxo puido golear
O Coruxo remata o seu periplo por Fragoselo co sexto triunfo consecutivo como local. Gañoulle por 3-1 ao Ceares, un pechacancelas da categoría que puido saír goleado de Galicia porque os de Jacobo Montes xeraron infinidade de oportunidades.
Marcou Youssef no 14 no que era a cuarta ocasión clara do Coruxo. Antse do descanso Chiqui anotou o 2-0 cun lanzamento desde a frontal que entrou pola escadra. O terceiro tanto foi obra de Mateo logo dunha triangulación cos outros dous goleadores da mañá.
No treito final do partido o Coruxo relaxouse e concedeu o tanto do Ceares, anotado por Marcos. O Coruxo pasou de pelexar por evitar os postos de perigo a soñar coa zona de play off.