Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete futbolistas do Celta xa son axentes libres

Sete futbolistas do Celta xa son axentes libres

O Celta xa iniciou os contactos co internacional español Óscar Mingueza para tentar pechar a súa renovación

G24.gal 01/01/2026 17:58 Última actualización 01/01/2026 18:11

Iago Aspas, Fran Beltrán, Marcos Alonso, Óscar Mingueza, Mihailo Ristic, Franco Cervi e Joseph Aidoo son os sete futbolistas do Celta que a partir deste xoves 1 de xaneiro xa poden negociar con outros clubs, ao finalizar os seus contratos coa entidade galega o próximo 30 de xuño.

Ademais, o extremo Bryan Zaragoza concluirá a súa cesión en Balaídos ao termo da tempada 2025-26, polo que deberá regresar á disciplina do Bayern Múnic. O Celta xa iniciou os contactos co internacional español Óscar Mingueza, un dos habituais titulares no once de Claudio Giráldez, para tentar pechar a súa renovación. Con todo, o exfutbolista do Barcelona, que este curso disputou 14 partidos de Liga, 5 da liga Europa e un da Copa do Rei, conta con ofertas doutros equipos españois,  así como de Inglaterra e Italia.

O club presidido por Marian Mouriño tamén ofrecerá seguir ao defensa Marcos Alonso, outro dos indiscutibles para o técnico galego, e respectará a decisión que tome Iago Aspas, o único que decidirá se alonga unha tempada máis a súa carreira como profesional.

O mediocentro Fran Beltrán parece afastarse de Balaídos tras perder protagonismo no equipo desde o ascenso de Claudio Giráldez ao primeiro equipo, mentres que Aidoo, Ristic e Cervi cambiarán de aires ao non contar para o adestrador celeste.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade