Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete futbolistas do Celta serán axentes libres a partir do 1 de xaneiro

Sete futbolistas do Celta serán axentes libres a partir do 1 de xaneiro

Os xogadores son Iago Aspas, Fran Beltrán, Marcos Alonso, Óscar Mingueza, Mihailo Ristic, Franco Cervi e Joseph Aidoo

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 22/12/2025 15:42 Última actualización 22/12/2025 15:49

Iago Aspas, Fran Beltrán, Marcos Alonso, Óscar Mingueza, Mihailo Ristic, Franco Cervi e Joseph Aidoo son os sete futbolistas do Celta que a partir do próximo 1 de xaneiro xa poden negociar con outros clubs, ao finalizar a súa vinculación coa entidade galega o próximo 30 de xuño.

Ademais, o extremo Bryan Zaragoza tamén finaliza a súa cesión en Balaídos ao finalizar o curso 2025-26, polo que deberá de regresar á disciplina do Bayern Múnic. De todos eses xogadores, Iago Aspas é o único que decidirá se continúa unha tempada máis no equipo.

O mexicano Marco Garcés, director deportivo do Celta, xa deixou claro que a dirección respectará a decisión que tome o capitán celeste, quen o pasado sábado deixou claro que sente “cómodo”.

“A verdade é que non falamos. Sempre dixen que iriamos falando e vendo ao longo da tempada. A verdade é que agora me estou atopando bastante cómodo. Creo que me vén mal esta semana de parada, porque me estaba atopando moi ben fisicamente, pero servirá para refrescarse, para pasalo ben coa familia e volver con máis forza a finais de decembro porque isto non para”, respondeu ao ser preguntado polo seu futuro.

Os que teñen moi difícil continuar no equipo son o defensa ganés Aidoo e o lateral arxentino Cervi, aos que a dirección deportiva xa pretendeu dar saída o pasado verán. O mediocentro Fran Beltrán é outro dos que parecen afastarse de Balaídos ao perder protagonismo no equipo desde o ascenso de Claudio Giráldez ao primeiro equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade